Catro mulleres guiarán os paseos de outubro pola Pontevedra literaria
Por Redacción
Os paseos pola Pontevedra literaria que organiza o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega (AELG), contará este mes de outubro con catro mulleres como mestras de cerimonia.
Catro autoras que escribiron sobre a Boa Vila guiarán estes roteiros: Elisabeth Oliveira, Tamara Andrés, Ana Acuña e Fina Casalderrey.
Os roteiros, que partirán ás 11.30 horas, son:
- Sábado 6 de outubro: Pontevedra, punto de encontro. Elisabeth Oliveira
- Sábado 20 de outubro: Espazo do poema. Tamara Andrés
- Sábado 27 de outubro: A Pontevedra de María Victoria Moreno. Ana Acuña e Fina Casalderrey
As persoas interesadas en participar poden inscribirse, a partir do 25 de setembro, no enderezo electrónico pontevedraliteraria@gmail.com. As prazas son limitadas, 50 por paseo, e a inscrición é por orde de chegada.