"Fluindo no Río Lérez", un encontro cultural que vencella arte e natureza
Por Alejandro Espiño
Traballar cinco días nun espazo "máxico" como son as marxes do río Lérez ao seu paso por Pontevedra. ÿ a oferta do programa "Fluíndo no Río Lérez", un conxunto de actividades artísticas e culturais que se celebrarán entre os días 28 de maio e 1 de xuño. Trátase, segundo os seus coordinadores, Antón Sobral e Carmen Hermo, de levar a cabo "obras efémeras e respectuosas coa natureza, perfectamente integradas nesta".
"ÿ como se pintásemos e o lenzo fose a natureza, traballando cos materiais que alí podemos atopar", explicou Antón Sobral. "ÿ arte feito coa natureza, cos elementos que nos rodean en paraxes tan privilexiados como este". Chega a Pontevedra por primeira vez, aínda que se trata dunha actividade que xa realizaron noutras localidades como Allariz, A Illa de Arousa ou Forcarei "sitios especiais todos eles e onde hai auga".
O nome deste programa artístico vén, dixo Sobral, do concepto do "flow", é dicir, sentirse posuído por un profundo sentimento de gozo creativo, segundo o profesor Mihaly Csikszentmihalyi, ou como explica Daniel Coleman no seu libro O espírito creativo, "ese momento especial de harmonía, de gran creatividade e concentración onde todo o que fas sempre sae ben".
Por iso é polo que os seus organizadores pensen no Río Lérez ou na Illa das Esculturas para buscar "ese estado mental de relaxación e acougo". En todo caso, esta actividade está aberta a todos os interesados. "Non teñen que ser artistas, senón sinxelamente xente encantadora, creativa e con ilusión por gozar coa natureza", destacou Antón Sobral.
Ao mesmo tempo, no Pazo de Mugartegui e na Casa das Campás desenvolverase unha actividade teórica consistente en catro conferencias, impartidas por Antón Sobral, Carmen Hermo e as dúas artistas que lles acompañarán nesta iniciativa, Ruth Montiel e Cristina Ferrández, así como un obradoiro práctico para 20 persoas que protagonizarán as intervencións artísticas no río.
A programación destas conferencias é a seguinte:
- Martes 28 de maio: "Introducción á arte e natureza", por Antón Sobral (Pazo de Mugartegui, 20.00 horas)
- Mércores 29 de maio: "Paisaxes en tránsito", por Cristina Ferrández (Casa das Campás, 20.00 horas)
- Xoves 30 de maio: "Descompoñendo a perda", por Ruth Montiel (Casa das Campás, 20.00 horas)
- Venres 31 de maio: "XPS vexetal", por Carmen Hermo (Casa das Campás, 20.00 horas)
As obras integradas na natureza realizadas polos asistentes a esta actividade serán expostas o próximo 1 de xuño.