O Festival SonRías Baixas confirma a súa continuidade en 2019
Por Redacción
Bueu seguirá contando en 2019 co Festival SonRías Baixas, unha cita que por méritos propios converteuse en imprescindible dentro da súa programación anual.
A organización do evento confirmou a data para a que será a súa XVII edición, e que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto do próximo ano.
Na recente edición, o SonRías Baixas congregou en Bueu preto de 22.000 persoas para gozar dunha fin de semana de música, gastronomía e praia.
Ademais de confirmar a data para 2019, a organización publicou o vídeo oficial do SonRías 2018.