Odaiko & Vanessa Muela, música folclórica para oídos agradecidos
Por Paula Sanmartín & Redacción
A praza da Ferrería acolleu o novo espectáculo de Odaiko en compañía da artista Vanessa Muela. Trátase dunha proposta musical que se achega ao folclore de orixe castelán-leonés e tamén ao galego.
Estes músicos ofreceron un concerto sinxelo, cun son agradable que sorprendeu ao público pontevedrés. Os temas do álbum 'Camino de vuelta', publicado en 2017 e presentado en Pontevedra, tratan sobre romances, cantos do Nadal ou de traballo e mesturan instrumentos populares de Galicia con outros procendentes de culturas africanas, orientais ou de América do Sur.
Este xoves 16, o escenario da praza da Ferrería contará coa actuación de Rubén de Lis Trío, a partir das 21.00 horas.