Comezan as festas máis cantareiras!
Por Redacción
A agrupación Maravallada volveu lograr que centos de persoas fixeran un percorrido de praza en praza interpretando cancións tradicionais galegas na véspera do inicio das Festas da Peregrina.
Cancións como 'Apagha o candil', 'A Rianxeira, 'Foliada de Pontevedra', 'A Carlina' ou 'Catro vellos mariñeiros' foron coreadas polos asistentes a este concerto colectivo na Praza da Ferrería, en Curros Enríquez ou fronte ao Teatro Principal.
A animación durante a tarde noite do venres tamén correu a cargo de grupos folclóricos que aportaron a súa música polas rúas do centro histórico.