Éxito rotundo do SonRías Baixas cun balance de 22.000 asistentes
Por Redacción
Un SonRías Baixas de récord. O festival, que pechou na madrugada do sábado a súa XVI edición, bateu de longo o seu récord absoluto de asistencia.
Durante as tres xornadas que durou a actividade musical e gastronómica congregáronse en Bueu 22.000 persoas chegadas de diferentes puntos da península, segundo os datos que manexa a organización. Supérase así en preto de 5.000 persoas a cifra do ano 2016 nunha edición que estivo marcada pola onda de calor.
O sábado 4 de agosto foi a xornada de maior afluencia, con máis de 10.000 persoas asistindo aos diferentes eventos e concertos como os de Muerdo, Gatillazo, Muchachito, Berri Txarrak ou The Skarnivals.
O venres, día no que actuaron Sara Hebe, Che Sudaka, La Raíz, Desakato e Terbutalina, con máis de 6.500 asistentes e o cartel de completo na zona de acampada.
Pola súa banda o xoves 2 de agosto os asistentes foron máis de 4.600 gozando da música de Assekes, Talco ou Revolta Permanent.
O Festival SonRías Baixas foi producido pola empresa PlayPlan co apoio do Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a través de Agadic.
Relacionadas:
-
Promoven o primeiro manual de calidade para os festivais de música de Galicia
Por Redacción |
-
O festival SonRías Baixas de Bueu deixou 1,14 millóns de euros no Morrazo
Por Redacción |
-
O Festival SonRías Baixas confirma a súa continuidade en 2019
Por Redacción |
-
Todo listo para a XVI edición do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Talco abrirá un SonRías Baixas que xuntará en Bueu máis dunha ducia de bandas
Por Alejandro Espiño |
-
Sete novas incorporacións ao cartel de SonRías Baixas 2018
Por Gabriela Varela Asorey |