Aberta a mostra dos Novos Valores da arte contemporánea

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Este xoves inaugurouse a exposición 'Novos Valores 2018' na que se amosan 25 obras seleccionadas neste certame, entre as que se atopan as catro gañadoras desta edición. Estes traballos poden visitarse ata o 16 de setembro no claustro superior do Edificio Sarmiento.
As obras premiadas este ano son 'Lo merecido' de Natalia Umpiérrez (Pontevedra, 1982); a performance audiovisual 'My statement' de Noela Covelo (Pontevedra,1984); o vídeo 'Synth-BIOs-sobreinformación' de Lois Búa (Muxía, 1996) e a pintura 'Ternura' de Blanca Nieves Lourés (Vigo, 1994).
O xurado desta edición escolleu tamén estas outras propostas entre os 99 traballos recibidos:
En Pintura: ‘No pienses en ello’ de Natalia Fernández Umpiérrez; e ‘Xulia con retrato de Xulia’’ de Carlota Covas Belso. En Escultura: ‘Bulbas’ de Alba Castillo Costa; ‘Camino de regreso’ de María Teresa Pece Montenegro; ‘Fasme grelar’ de Paula Pereira Carreiro; ‘Desnudo 14’ de María del Mar Ramón Soriano; e ‘El peso del cuerpo’ de Nuria Rodríguez Figueiredo. No apartado de Varios foi seleccionada a obra ‘A vida de miña nai’ de Sandra Varela Rodríguez. En Gravado resultaron seleccionadas as obras ‘Lo que queda tras el bosque’ de Rosa María García Martínez; e ‘Hilaturas’ de Alejandra Mónica Lago Alejandre.
En Fotografía: ‘Nihil’ de Miguel Álvarez Fernández; ‘Poliedro de hielo negro que no cesa en su movimiento’ de Andrés Couso Vázquez; ‘Ons’ de Raquel García Calviño; ‘Habitación nºS’ de Rosa Pardal Aragunde; e ‘Tierra igual a cuerpo’ de María do Mar Suárez Canosa. Na categoría de Debuxo: ‘Ruido y costumbre’ de Lois Costas Pereiro; ‘Tramas de piel’ de Alejandra Mónica Lago Alejandre; ‘Estado de la cuestón (retrato incipiente de mi teses doctoral)’ de Rebeca López Villar; e ‘Dongs#1-20# (politics) que la poésie soit dábord résistance’ de Alexandre Argibay Santiago. Por último, en Vídeo: ‘Endometrio’ de Antía Rodríguez Caldeiro; e ‘/BNVDS/.KPT’ de Luis Javier Romero Ces.
O acto de apertura foi presidido polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, que lembrou ás persoas que protagonizan a exposición que son o futuro da historia da arte galega, tanto no ámbito nacional como internacional.
Inauguración da exposición de Novos Valores 2018
Selección de 25 obras das 99 presentadas a esta edición do certame
© Mónica Patxot