Os bolos de Frank?, Skirl, Patricle e Los puta mierda pechan o "Son da Serea"
Por Oskar Viéitez
"Son da serea" trouxo este martes á Praza do Teucro os concertos dos grupos Frank?, Skirl, Patricle e Los puta mierda.
O proxecto deste festival de música urbano de grupos amateurs está incluido nun proceso de formación presencial sobre os temas máis importantes para poñer a andar o proxecto musical con bandas e solistas con certa traxectoria pero sen dar o salto profesional.
Compleméntase cun proceso de mentorización por profesionais do sector. Remata cunha actuación para poñer en práctica as melloras formuladas.
Os grupos participantes para nesta primeira edición do "Son de Serea", antes coñecido coma 15Bolos, dispuxeron dun saldo de 250 euros para a compra de elementos que melloren a súa proposta artística.
O Local de Música, pertencente ao departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra, en colaboración co departamento de Festas, promoven esta iniciativa para apoiar á escena musical emerxente da cidade e poñer en valor a creación musical de base.