Doctor Animal, Kaootik, Fondo Norte e Brutal abren os 'bolos' na praza do Teucro
Por Mónica Patxot & Redacción
Este luns 23 e martes 24 de xullo a praza do Teucro acolle "Son da Serea". Son os antigos 15bolos, que agora recibe este nome lembrando á serea á que buscaba Teucro cando atopou a morte en Galiza. A lenda indica que foi a serea a que lle amosou o emprazamento da nova vila.
En honor a Teucro tocaron, polo tanto, este luns Doctor Animal, Kaootik, Fondo Norte, Brutal. E o martes 24 de xullo será a quenda de Los puta mierda, Frank?, Skirl e Patricle.
Son da Serea é unha formación medio-profesional que consiste nun proceso de formación presional sobre os temas máis importantes para pór en marcha o proxecto musical con bandas e solistas con certa traxectoria, pero sen dar o salto profesional. Compleméntase cun proceso de mentorización por profesionais do sector, e remata coa actuación na praza do Teucro.
As xornadas formativas veñen desenvolvéndose dende o pasado mes de abril coa presenza de Tomy Desastre da Sala Mardigras de A Coruña, Marcos Rivas da Sala Karma, ou Diego Parajó do propio Local de Música.