Cinco "nómades" liderados por Joel Ross ofrecen un concerto único en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Unha banda de "nómades" do jazz reuniuse para ofrecer un concerto moi especial no Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, que onte á noite vivía a súa segunda e última xornada na praza do Teucro, antes de dar o salto ao escenario da Ferrería.
Cinco grandes artistas de ambos os dous lados do Atlántico decidiron actuar xuntos en Pontevedra, onde o público puido gozar do gran vibrafonista norteamericano Joel Ross, que a pesar de contar con apenas 23 anos está chamado a ser unha das grandes voces do jazz en breve; ou do trompetista cubano Jorge Vistel.
Xunto a eles, tres dos músicos de jazz máis importantes de Galicia: Xan Campos ao rhodes, Paco Charlín ao contrabaixo e a baterista Naima Acuña.
A partir deste mércores, A Ferrería ábrese paso no festival pontevedrés e por ela pasarán grandes artistas internacionais. O primeiro deles será o estadounidense Don Bryant.
O intérprete de rhythm and blues, de 76 anos, ofrecerá en Pontevedra o seu único concerto en España. Estará acompañado da banda The Bo-Keys, un grupo de homenaxe ao soul e ao góspel con sede en Memphis co que gravou un disco hai dous anos.
Ademais, Bryant repasará os grandes éxitos da súa carreira, unha traxectoria que cumprirá moi pronto 50 anos, o tempo que pasou desde que editou o seu primeiro disco, Precious Soul.
Relacionadas:
-
Os 'grandes do góspel' soarán en concerto en Pontevedra
Por Redacción |
-
Ritmos brasileiros despiden o Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado |
-
O jazz 'made in Galicia' de Abe Rábade resoa na Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A enerxía de Don Bryant revoluciona o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alfonso Calvo deixa paso no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra á inédita banda Nomads
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alfonso Calvo abre no Teucro o XXVI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción |