Arte feita con paus e con manchas de café
Por Redacción
O veciño de Laxoso, Luis Ángel Poza e o artista de Santiago, Fran Riveiro, son os protagonistas da exposición 'Madeira e Café', que se pode visitar durante este mes de xullo na Casa da Cultura de Ponte Caldelas.
O alcalde Andrés Díaz inauguraba este sábado a mostra que ofrece máis de cincuenta pezas destes dous creadores que conectan a través dunhas propostas creativas ao redor da natureza. No caso de Poza a súa actividade móvese a través de pezas de madeira que traballa cunha idea onírica. Dos paus extráense figuras que lembran a bestas e a diferentes creativas míticas, adornadas con chinchetas e pequenos obxectos para ofrecer unha nova perspectiva do elemento natural.
Pola súa banda, Fran Riveiro é un artista multidisciplinar que realizou numerosas obras en diversos campos e agora utiliza taboleiros para recoller manchas elaboradas con café. Esas manchas permiten descubrir formas representantivas, nas que se perfilan cidades, mapas e construcións.