Semana de espectáculos na praza do Teucro co ciclo 'Cultura no Camiño'
Por Redacción
A partir deste luns, a praza do Teucro converterase no escenario para seis espectáculos teatrais para público familiar dentro da programación do ciclo Cultura no Camiño, que promove a Xunta de Galicia.
A primeira actuación será o luns 9 co espectáculo 'Bon appétit', da compañía Ghazafelhos. Comezará, como o resto de funcións, ás 19.30 horas. Trátase dunha proposta de teatro xestual con monicreques e música.
O martes chega o grupo Trotaventos cunha montaxe baseada nos temas do seu libro-disco 'A fiestra dos soños'. Culturactiva presentará o mércores 11, festivo local, a obra 'Saaabor!', unha proposta na que se combina humor, música, maxia. A maxia tamén será a protagonista da obra de Barafunda Teatro, que chegará á praza do Teucro o xoves 12.
Expresión Producións ofrece a obra 'Limpadores' o venres 13 e Baobab Teatro pechará este ciclo o sábado 14 coa montaxe 'Baila, Roque, baila', no que o protagonismo corre a cargo do coñecido personaxe.
Con estas actividades, a Xunta en colaboración co Concello de Pontevedra busca fomentar o programa de actividades de fronte ao turismo procedente da peregrinación a Santiago de Compostela.
O resto de programación noutros concellos pode consultarse na web de Agadic.