O Surfing The Lérez, todo un fenómeno de masas... para toda a familia
Adultos, nenos, mascotas. Todos teñen cabida no Surfing The Lérez. E se aínda por encima o ceo regala unha xornada estival de sol e calor o éxito no festival está asegurado.
A Illa das Esculturas alagouse de público este sábado na xornada grande do evento. Desde o mediodía a afluencia ao seu privilexiado enclave foi numerosa, como sempre coa asistencia moi familiar e relaxada que converteu ao Surfing en algo moi especial.
Ata 14 formacións musicais foron as encargadas de animar a xornada, desde as 12:15 horas, desfilando polos escenarios habilitados e por esta orde: Flip Corale, The Lákazans, Oh! Ayatolah, Terbutalina, Mad Martin Trío, La Casa de los Ingleses, Soul Macklein & Possitive Band, The Thrunks, Agoraphobia, Eladio y los Seres Queridos, Furious Monkey House, Escuchando Elefantes, The Limboos e Ángel Stanich.
Os menores tamén foron protagonistas no escenario da escola de artes Estudio Bonobo, ademais de poder gozar de obradoiros e actividades.
Se lle sumamos un mercado de creadores ou os foodtrucks temos a receita dun festival que se consolidou por méritos propios no calendario festivo da cidade.
Como cada ano, o Surfing The Lérez colaborou con RedeAxuda organizando unha recollida solidaria de alimentos e artigos de primeira necesidade.
Surfing The Lérez 2018
A Illa das Esculturas acolleu este sábado 16 de xuño unha multitudinaria edición do festival Surfing The Lérez
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Anaut, Sex Museum, Tony Lomba e Familia Caamagno animarán o Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Artistas "referentes" en Galicia protagonizarán en setembro un festival musical en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Surfing The Lérez recolle unha onda de solidariedade
Por Redacción |
-
O Surfing the Lérez empeza pola Sala Karma
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- A playlist de... Surfing the Lérez, a lume vivo!
Por Marisa Ciordia |
-
Surfing the Lérez, a "romaría do rock" que marca o inicio das Festas de Verán
Por Alejandro Espiño |
-
Un Surfing the Lérez "sobre rodas" suma a Furious Monkey House, Eladio y los seres queridos ou The Lákazans
Por Alejandro Espiño |
-
Ángel Stanich, Terbutalina e La casa de los ingleses estarán no Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |