As Letras Galegas tamén se festexan con música
Por Redacción & Diego Torrado
A celebración en Pontevedra do Día das Letras Galegas, que se dedica este ano a María Victoria Moreno, tivo o seu adianto este mércores. Foi a través do Concerto das Letras que o Consello da Cultura Galega organizou no auditorio de Afundación.
O concerto, que era de entrada libre, contou coa participación da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.
A insigne formación musical galega interpretou, coa participación de Anaís G. Fernández Cerdeira e os coros Sólo Voces, Collegium Compostellanum e Coro de Cámara Rías Baixas, un repertorio de marcada raíz galega e literaria.
O repertorio comezou coa Alborada galega de Pascual Veiga e Francisco María de la Igleia, e a Dolora sinfónica de Gregorio Baudot. Os asistentes puideron escoitar tamén a composición Duns folios que foron brancos, de Miguel Matamoro, inspirada nun texto de María Victoria Moreno.
Ademais, tamén se musicaron textos de Valle Inclán, Álvaro Cunqueiro, Sancho I, Ramón Cabanillas ou Leandro Carré Alvarellos.
Antes do concerto, no Café Moderno, realizouse unha recepción institucional que contou coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz; e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet.
Relacionadas:
-
Cheo no Principal para gozar do Concerto das Letras da Banda de Música de Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
As letras galegas dedican o seu gran día a María Victoria Moreno e o seu "compromiso" con Galicia
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra homenaxea a María Victoria Moreno, unha muller que "amou intensamente" a Galicia
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
'A señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos' homenaxea a María Victoria Moreno no Principal
Por Redacción |
-
As Letras Galegas xuntaranse en Pontevedra para homenaxear a María Victoria Moreno
Por Alejandro Espiño |
-
O alumnado de Ponte Sampaio empápase do amor ao galego de María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
A exposición "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes" chega a Pontevedra
Por Redacción |