A ESAD volve celebrar a Noite dos Museos cun espectáculo ad hoc para o Museo de Pontevedra
Por Redacción
Pontevedra sumarase un ano máis á conmemoración do Día Internacional dos Museos cunha programación especial entre este xoves 17 e o sábado 19 de maio, Noite dos Museos, na que, por terceiro ano consecutivo, o alumnado das tres especialidades da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) preparou un espectáculo ad hoc para o Museo de Pontevedra.
A programación dos tres días estará centrada en dous focos de atención: a prehistoria e Alejandro de la Sota, figura homenaxeada no Día das Artes Galegas 2018.
A prehistoria centrará unha serie de visitas guiadas especiais. A primeira delas está programada para o xoves 17 ás 11.30 horas, e as dúas seguintes para o venres 18 ás 17.30 horas e ás 19:30 horas. Non é preciso realizar inscrición previa e o punto de encontro é a recepción do Sexto Edificio.
As visitas achegaranse á prehistoria a través do fondo permanente do Edificio Sarmiento e tamén do diorama con Clicks que permanece no Sexto Edificio desde o pasado mes de febreiro. O obxectivo é amosar parte da colección do Museo de xeito diferente, a través dun tema universal e accesible como é a Prehistoria, e tratando de chegar a un público o máis variado e amplo posible, facendo especial incidencia no público familiar.
O sábado 19, con motivo da Noite dos Museos, a ESAD centrarase en Alejandro de la Sota. O espectáculo pretende escenificar o mundo elegante, divertido e natural que caracteriza á obra do artista, e co que percorrerán diferentes espazos do Museo.
A proposta, que leva por título 'Corpo, trazo da arquitectura natural', reúne a un total de 60 persoas e axuda a divulgar a arte galega fóra do seu marco habitual. A intervención incluirá imaxes poéticas que irán acompañadas dun espazo sonoro para permitirlle ao público relacionar a imaxe coa idea que se quere comunicar.
Haberá dúas representacións cunha duración aproximada dunha hora, ás 19.00 e ás 21.30 horas.
Relacionadas:
-
Máis de 11.000 persoas achegáronse á figura de Alejandro de la Sota no Museo
Por Redacción |
-
O Teatro Principal réndese á figura de Alejandro de la Sota, un dos arquitectos "máis notables do século XX"
Por Redacción |
-
Teatro, museo e Castelao, combinación perfecta para a noite do sábado
Por Diego Torrado |
-
Dez cadros de Castelao cobrarán vida durante a 'Noite dos Museos'
Por Redacción |