Case corenta agrupacións participaron no I concurso de música tradicional Soalleira
Por Redacción
O auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán acolleu o pasado domingo a primeira edición do concurso de música tradicional Soalleira, centrado na percusión.
Nel, o público puido gozar de grupos chegados de toda Galicia con pandeiretas, pandeiros, pandeiras, latóns e ata sachos, cunchas ou tixolas e chaves.
A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala, promovido pola Consellería de Cultura.
No concurso participaron 39 agrupacións divididas en tres categorías.
Os gañadores foron o grupo Gharabullos da A.C.F. Tarambainas de Vigo, grupo Lina e Lola da Asociacion Peis d'Hos de Cangas e o grupo Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou.
Ademais, o grupo Raiola de Boqueixón e o grupo Meniñas da ACF Tarambainas de Vigo tamén foron premiados polo seu vestiario.
Relacionadas:
-
Soalleira, o concurso de música tradicional, regresa a Sanxenxo este domingo
Por Redacción |
-
Os Xirros, Os do Cotro, As Merlas, Os da Tecedeira, Os Mighelóns... están todos en Dorrón
Por Redacción |
-
Sanxenxo leva a Vilalonga, onde María Victoria Moreno deu clase, o seu Día das Letras Galegas
Por Redacción |
-
'Sanxenxo fala' cun mes de actividades para conmemorar as Letras Galegas
Por Redacción |