A obra de María Victoria Moreno saltará "a escena" en toda a provincia
María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada con motivo do Día das Letras Galegas 2018, será a protagonista de seis espectáculos teatrais que se representarán en diferentes espazos da provincia dentro da iniciativa 'A escena!', que este luns presentábase no Arquivo Provincial da Deputación coa presenza do deputado de Cultura, Xosé Leal e representantes das compañías Matrioshka, Viravolta Títeres Seisdedos e Odaiko.
Nesta proposta cultural que se desenvolverá ao longo de todo o ano tamén participan Ubú Teatro-Editorial Galaxia; Limiar Teatro e Polo Correo do Vento.
As obras representaranse en concellos de menos de 50 mil habitantes e no Centro Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra. Lorena Conde, de Matrioshka Teatro, que foi alumna de María Victoria Moreno, quixo referirse á escritora como unha figura referencial e unha persoa que guiaba os estudantes na vida. Tres integrantes desta compañía ofreceron unha pequena escena de 'Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos' durante a presentación. A súa primeira actuación dentro deste ciclo será o 12 de maio no Centro Cultural Xaime Illa a partir das 21.00 horas.
O conto 'Can branco, can negro', de María Victoria Moreno, serviu de referente ao Romance de Cans do Cego dos Monifates, unha montaxe realizada por Viravolta Títeres Seisdedos.
Pola súa banda, Odaiko abrirá o seu ciclo de actuacións o 5 de maio no Salón García de Vilagarcía de Arousa o espectáculo 'Mar adiante', un musical con Inacio Vilariño, Begoña Lorenzo e Juan Collazo, que recolle o soño da autora, un barco escola no que rompe a relación de poder tradicional entre profesor e escolares.
A estas obras súmanse 'Leonardo e os fontaneiros', 'Anagnórise' e 'Unha historia de amor'. As seis compañías realizarán dez funciones con entrada gratuíta ata completar as salas.
Presentación de 'A escena!' no Arquivo Provincial
Matrioshka Teatro Culturactiva e outras cinco compañías representarán obras teatrais durante 2018 sobre a obra de María Victoria Moreno. Proposta da Deputación Provincial
© Paula Sanmartín
Relacionadas:
-
'A señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos' homenaxea a María Victoria Moreno no Principal
Por Redacción |
-
A relación de María Victoria Moreno coa natureza e cos cans chega ao Teatro Principal
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Raxó, escenario principal da programación do Día das Letras Galegas en Poio
Por Redacción |
-
A avenida María Victoria Moreno, un "faro de luz" para que Pontevedra a recorde "para sempre"
-
Pontevedra recorda a figura de María Victoria Moreno, unha "galega por amor"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, epicentro do Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno
Por Alejandro Espiño |
-
'Xa non teño medo', un videoclip de homenaxe a María Victoria Moreno do CEIP Carballal
Por Redacción |
-
O IES de Vilalonga homenaxea a María Victoria Moreno cunha obra teatral
Por Oskar Viéitez |