Máis de 12.000 persoas pasaron polo Salón do Libro nos seus primeiros 10 días
O Salón do libro 'Mulleres de conto' finaliza a segunda fin de semana cunha valoración máis que positiva e destacando o éxito das actividades programadas para profesionais da docencia, a ilustración e o público adolescente.
Durante os primeiros 10 días de celebración do Salón foron xa máis de 12.000 persoas as que pasaron polo Pazo da Cultura.
As I Xornadas de Ilustración, celebradas o primeiro sábado, achegaron numeroso público profesional nunha gran oportunidade de intercambiar coñecementos e oportunidades con axentes destacados do mundo do libro como os ilustradores Kiko da Silva, Víctor Rivas, as mexicanas Cecilia Rébora e Amanda Mijangos, Sergio Covelo da AGPI, a editora Malores Villanueva de Galaxia, unha representación de Urco Editora, libreiros da cidade e a editora Ixchel Delgado (México). O mesmo sucedeu nos encontros con Valeria Gallo e Gabriel Pacheco durante o primeiro e segundo sábado respectivamente.
De luns a venres e durante cinco sesións, o público maioritariamente do mundo da docencia, falou en profundidade sobre a mediación, a poesía, os libros para coñecer e cambiar o mundo ou o feminismo. Ademais escolares dos centros colaboradores de educación primaria e secundaria, gozaron de obradoiros e contacontos da man da delegación mexicana, Anxo Fariña, Raquel Queizás, Migallas, Pavís Pavós, Eli Ríos ou Susana Suniaga.
Pola súa banda o público de carácter familiar participou en espectáculos como 'Catrina e Dona Francisca' da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, nos talleres e contacontos da man de Bea Campos, Anxo Moure, Alondra Angélica Ramírez, María Guiexhooba, Paula Carballeira ou Rocío Kuri ou durante as fins de semana dos espectáculos musicais de Odaiko e Fantoches Baj, a 'Radio Bule Bule' de Paco Nogueiras ou os destinados a bebés, 'Bath Time' e 'Moraima', de Marcelo Dobode.
MARÍA VICTORIA MORENO
A figura de María Victoria Moreno, homenaxeada na Letras Galegas 2018, ocupa tamén un lugar destacado no Salón do Libro, con varios espazos ao redor da súa figura e a súa obra, ademais de espectáculos inspirados nela.
Neste aspecto o próximo terá lugar o domingo día 22 de abril ás 12:30 horas (entrada libre) con 'Pan con chocolate'. Un contacontos baseado na obra homónima de María Victoria no que Saleta Fernández transfórmase en Eva, a protagonista que recolle unha chea de historias máxicas.
Segunda fin de semana do Salón do Libro 2018
Durante os primeiros 10 días de celebración do Salón foron xa máis de 12.000 persoas as que pasaron polo Pazo da Cultura
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist de... Raquel Queizás: Bravo pola titiriteira!
Por Marisa Ciordia |
-
O Salón do Libro pecha as portas tras acoller a máis de 30.000 persoas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O I Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno vai a mans de Antonio Manuel Fraga
Por Redacción |
-
As librerías pontevedresas sopesan crear unha agrupación independente da Federación Galega
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
180 escolares exploran o universo literario a través dunha xincana no Salón do Libro
Por Redacción |
-
A cultura mexicana xa enche o Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Sara López Lago & Mónica Patxot |
-
O Salón do Libro xa está aquí. E, como aperitivo, 'Pintacuentos'
Por Redacción & Mónica Patxot |