Cristóbal Colón foi un hebreo que naceu na Moureira e non era Pedro Madruga
Por Redacción
Cristobal Colón foi un hebreo que naceu na Moureira e non era Pedro Madruga. Esa é a teoría que defende Pedro de Lorenzo e Macías, e que este venres ás oito do serán someterá a debate na sede da Asociación de veciños de San Roque.
Apoiado en numerosa documentación, Pedro de Lorenzo e o historiador David Vázquez Barbazán, falarán da comunidade hebrea en Pontevedra, da orixe da Mariña Castelá: Gelmírez, Paio Gomez Charino, Jofre de Tenorio e, por suposto, de Colón, establecendo un coloquio aberto no que se poderá disertar sobre calquera punto.
O escritor e ensaísta pontevedrés ten na súa axenda outra cita co público para divulgar a súa tese. Será o próximo día 20 de abril no Museo Manuel Torres de Marín.
Todo o traballo de investigación sobre o navegante desenvolvido por Lorenzo de Macías durante case dúas décadas está recollido no libro "El hebreo que descubrió América", que atesoura unha sólida base documental.