Tres mozos de Pontevedra tocarán coa European Union Youth Wind Orchestra
Por Oskar Viéitez
Son David Lavía Fontán, que toca o bombardino, Jorge Alberto González Reynoso Sarabia, percusión e Adrián Silva que repite nesta experiencia. Os tres foron seleccionados pola European Union Youth Wind Orchestra (EUYWO) baixo a batuta do mestre Jan Cober a Xoven Orquesta de Vento da Unión Europea.
Cada dous anos, este conxunto de alto nivel reúne a algúns dos máis talentosos músicos novos europeos a participar nunha xira de concertos por Europa, baixo a dirección do famoso director de orquesta holandés Jan Cober. Nesta ocasión logo dun primeiro concerto en Luxemburgo, a orquesta irase de xira aos Países Baixos. Por invitación da Music World Championship Kerkrade (WMC), a orquesta tamén participará nun proxecto conxunto coa Orquesta Simón Bolívar de Venezuela.
A EUYWO está integrada por mozas entre 15 e 30 anos.
Adrián naceu Barro en 1984 e comezou a súa formación na Banda de Música Xuvenil dese municipio. En 1995 ingresou no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde rematou os seus estudos coas máximas cualificacións, ingresando no Conservatorio Superior de Vigo e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Participou con éxito en múltiples certámenes de novos intérpretes e colaborou con agrupaciones como Real Filarmonía de Galicia, como solista da Orchestra dei Fiati "Citta dei Ferentino", ou o quinteto de vento Rubatto. Adrián é, ademais, o presidente da Sociedade Musical de Pontevedra á que pertence a Banda de Música de Pontevedra.