Contacontos ilustrado de 'A brétema' e 'O cataventos', de María Victoria Moreno

Por Redacción
Este luns 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha das protagonistas indiscutibles será María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. En Pontevedra, Uco Editora, a editorial que recuperou dous dos seus contos descatalogados, convida a unha actividade de contacontos ilustrado.
O contacontos será este luns 2 de abril ás 18.00 horas na libraría Luna Nueva de Pontevedra e xirará arredor dos contos infantís A brétema e O cataventos, recén editados por esta editora en formato de álbum ilustrado e con ilustracións.
A actividade correrá a cargo dos editores de Urco e de María Montes e Lara Torres, as ilustradoras destas novas edicións de dous relatos de María Victoria Moreno que xa eran case imposibles de conseguir.
A brétema fora publicado orixinalmente en 1985 e O cataventos en 1989.
Relacionadas:
-
RADIO.- Sara Castro leva ao formato de libro electrónico a "Rocío a pinga de auga"
Por Marisa Ciordia |
-
Doce cartas "lobunas" a María Victoria Moreno
-
A biblioteca súmase ao Día do Libro Infantil e Xuvenil coa lectura do manifesto internacional
Por Redacción |
-
Kalandraka chega ao seu 20 aniversario entre as cen primeiras empresas do sector editorial estatal
Por Redacción |
-
As verbas de María Victoria Moreno volverán resoar no seu instituto
-
A Memoria das Mulleres focalizará a atención nas creadoras e na figura de María Victoria Moreno
Por María López Verdial & Anxo Lourido |
-
O Día das Galegas nas Letras homenaxea á escritora María Victoria Moreno
Por Redacción |