Premios para dúas novas promesas da banda deseñada galega formadas no Garaxe Hermético

Por Redacción
O Garaxe Hermético segue logrando recoñecemento en diferentes certames artísticos. Nesta ocasión, dous estudantes do centro pontevedrés de formación na creación de cómics, dirixido por Kiko da Silva, lograban o primeiro e segundo premio na categoría Junior do Certame Literario Solidario de Fuencarral na modalidade de cómic.
Miguel Bouzas, de 12 anos, gañaba o primeiro premio, mentres que Andrés Simal, de 14 anos de idade, conseguía o segundo premio. Ambos recibirán un diploma, peza artística, un obsequio por cortesía da Fundación Vicente Ferrer, lote de cómics por cortesía de norma Editorial, láminas e ilustración dedicadas por autores de prestixio, ademais da publicación dos seus traballos nun libro, que será editado por ViveLibro.
Este exemplar venderase para recadar fondos para a Fundación Vicente Ferrer. Os dous gañadores participaron no curso de iniciación á Banda Deseñada no Garaxe Hermético.
A entrega de premios vai levarse a cabo o vindeiro día 21 de abril en Madrid. No caso de Andrés Simal xa gañara o primeiro premio de Caricatura de Ferrol 2016 e o Curuxa Gráfica do Museo do Humor de Fene 2017.
Relacionadas:
-
Chega 'Intraterra', o décimo cómic publicado polo alumnado de 'O Garaxe Hermético'
Por Redacción |
-
Miriam Iglesias, alumna do Garaxe Hermético, gaña o concurso europeo de ilustración European Comic Schools 2018
Por Redacción |
-
Kiko Dasilva impulsa A Viñeta de Schrödinger, nova revista da banda deseñada galega
Por Redacción |
-
'Narrador', unha historia de José Malvárez Carleos
Por José Malvárez Carleos | Creada e actualizada
-
O Garaxe Hermético, escollido para participar nun concurso europeo xunto as mellores escolas de cómic
Por Redacción |
-
Anémona de Río, alumna do Garaxe Hermético, presenta o primeiro manga galego: 'Tam'
Por Redacción |