A Memoria das Mulleres focalizará a atención nas creadoras e na figura de María Victoria Moreno
O Concello de Pontevedra editará un libro sobre a figura da escritora e profesora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano, en relación con el municipio. Trátase dunha das propostas do programa A Memoria das Mulleres que se desenvolve no terreo da investigación, a divulgación e o ámbito das homenaxes.
O primeiro acto deste programa chegará o xoves 22 de marzo, ás 19.00 horas na Casa das Campás cunha homenaxe ás mulleres que formaron parte de diversos conflitos na segunda etapa do século XX. Desta forma farase mención ás defensoras do agro galego, nas Irmandades de Labradores da década dos 50; ás loitadoras contra as dragas en Ponte Sampaio e ás que se enfrontaron á instalación de Celulosas e á construción da autoestrada.
Carmela Sánchez Arís, Montse Fajardo e María Abilleira presentaban co concelleiro Luís Bará este xoves as iniciativas que levarán a cabo ao longo do quinto ano en que se pon en marcha este programa. Bará explicaba que, normalmente, se esquece ás mulleres pertencentes ás clases populares e ás que foron represaliadas durante o franquismo. A idea desde a concellería de Patrimonio Histórico é trasladar ás mulleres ao espazo público a través da sinalética de rúas e prazas.
Segundo comentaba Carmela Sánchez Arís, ao longo do ano elaborarase unha listaxe de publicacións existentes de mulleres creadoras, baseándose en prensa e documentación histórica. Tamén se estudarán biografías entre 1845 co arranque de actividade no Instituto de Pontevedra e 1910 cando se publica o Real Decreto que permite ás mulleres matricularse no ensino. Por último, tamén se analizará o labor de creadoras desde 1910 ata 1936 durante a actividade promovida polo Salón de Primavera, organizado naquel entón pola emisora Radio Pontevedra.
Está previsto que a finais de abril estea publicado o libro sobre a Pontevedra relacionada con María Victoria Moreno. A xornalista e escritora Montse Fajardo será a encargada de elaborar esta publicación e, despois do verán, organizará un acto de recoñecemento de mulleres represaliadas en Mourente, parroquia que toma a testemuña de Salcedo e Lérez.
Xa no mes de novembro, o Teatro Principal acollerá unha homenaxe ás mestras que foron obrigadas a deixar o ensino durante a ditadura.
Todas estas actividades e as que se viñeron realizando ao longo dos últimos anos neste programa recolleranse na web da Memoria das Mulleres. Nesta páxina aparecerán entrevistas, fotografías, vídeos e diferente material que se recompilou desde a concellería.
Relacionadas:
-
Pontevedra promove unha rede de traballo a nivel galego en defensa da memoria histórica
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O alumnado de Ponte Sampaio empápase do amor ao galego de María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
A memoria das mulleres salta á banda deseñada con O Garaxe Hermético
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As rúas de Pontevedra lembran a María Victoria Moreno
Por David Arana & Gabriela Varela Asorey |
-
Contacontos ilustrado de 'A brétema' e 'O cataventos', de María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
Loita social en feminino
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Pleno de Pontevedra, unha homenaxe unánime a María Victoria Moreno e a súa "pegada" na cidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unhas xornadas lembran no campus a figura de María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
As "Mulleres baixo o terror franquista" volven a Pontevedra ata o 10 de decembro
Por Redacción & Mónica Patxot |