O Principal estrea o documental "Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba"
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este venres 16 de marzo, a partir das 21.00 horas, a estrea do documental Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba.
O audiovisual narra un percorrido por todo o país perseguindo as pegadas da mítica Raíña Lupa, citada no Códice Calixtino no contexto da traslación do corpo do Apóstolo Santiago a Galicia.
Escrito e dirixido polo antropólogo Rafa Quintía e presentado e locutado polo escritor Rodrigo Cota, Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba achégase ao fondo dun dos principais mitos fundacionais do país, entre castros, montes sagrados, covas e cidades asolagadas.
É, segundo os seus creadores, unha aventura que permitirá ao público coñecer moito sobre o noso patrimonio material e inmaterial.
O documental, no que tamén colaborou Valentín García Bóveda, está producido por AB Origine.
A entrada é libre ata completar o aforamento do Teatro Principal.