Premio ás 'boas prácticas' de seis iniciativas culturais de Pontevedra
Por Redacción
Seis iniciativas culturais que se desenvolven en Pontevedra, Feira Franca, Sétima Feira, Noites Abertas, Seminario Permanente de Jazz, Salón do Libro Infantil e Xuvenil e Liceo Mutante, acaban de incorporarse ao banco de boas prácticas no ámbito da xestión cultural da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).
Co fin de recoñecer a traxectoria destes proxectos, a AGPXC organiza este mércores unha xornada enmarcada na programación da iniciativa municipal 'Pontevedra ten un Puntazo'. Será ás 20.00 horas na Casa da Luz.
A xornada de recoñecemento contará coa participación de membros das equipas que desenvolven cada proxecto, que achegarán aos asistentes á súa historia e realidade. As presentacións permitirán coñecer en profundidade o seu funcionamento.
A AGPXC premiará ademais a cada un deles polo seu bo facer facendo entrega dunha placa conmemorativa como membros deste banco de boas prácticas.
O banco galego de boas prácticas en xestión cultural é o resultado dun proceso de investigación de dous anos, levado a cabo por AGPXC, no que foron consultadas máis de 400 persoas do sector da xestión cultural en Galicia. Os responsables elixiron 100 proxectos iniciais, entre os que están estes seis de Ponteveda.
O banco está aberto e seguirase completando a través dos criterios cualitativos que avalía: calidade, impacto integral no territorio, sostibilidade ou inclusión de valores transformadores.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de: Aries, contigo música e... cebola
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
RADIO.- Víctor Flores tamén ten un Puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
Próxima cita co Puntazo, centrada nas estratexias de marketing nas industrias culturais
Por Redacción |
-
RADIO.- "As iniciativas do Puntazo permítennos expor proxectos multidisciplinares entre as empresas creativas"
Por Marisa Ciordia |