Andy y Lucas actuarán en Campelo e Amaia Montero en Combarro
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre as primeiras actuacións xa confirmadas dentro do programa de actividades dos dous eventos con maior repercusión no municipio.
Na Festa do Mar de Combarro, que terá lugar do 22 ao 26 de agosto, a Concellaría de Turismo xa pechou o concerto de Amaia Montero e do grupo musical La Fórmula.
E na Festa da Ameixa de Campelo, programada na fin de semana do 15 e 16 de setembro, actuarán Andy y Lucas e tamén o grupo Claxxon. Ambas actuacións celebraranse na Praza da Granxa.
O concelleiro de Turismo, Xosé Luís Martínez Blanco, indicou que proximamente daranse a coñecer máis novas sobre a programación da Festa do Mar que este ano celebrará a súa XVIII edición e a XXXI edición da Festa da Ameixa.
O edil engadiu que esta concellaría "segue a traballar coa intención de ofertar para ambos eventos un amplo abano de actividades musicais, culturais e lúdicas tanto diúrnas como nocturnas".
Xosé Luís Martínez destacou a aposta "pola calidade" e co compromiso de ofertar un programa axeitado a todos os públicos, "sendo conscientes da repercusión que ambos eventos teñen non soamente no noso municipio e na nosa provincia, senón tamén fora da nosa comunidade autónoma".
Relacionadas:
-
O Festival da Ameixa obriga a realizar cortes de tráfico en Campelo
Por Redacción |
-
A Festa do Mar faise maior de idade
Por Diego Espiño |
-
A Festa do Mar de Combarro incluirá un festival infantil
Por Oskar Viéitez |
-
Treixadura engade tradición á oferta musical da Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
O PP de Poio esixe a Luciano Sobral que diga "donde están as contas da Festa do Mar de 2017"
Por Redacción |