Coñeces Pontevedra? Compróbao ti mesmo na exposición fotográfica de Luis Pereiro
Por Redacción
Coñeces Pontevedra? ÿ o reto que propón o fotógrafo Luis Pereiro na exposición que inaugura este venres 26 de abril no Pazo das Mendoza, a sede de Turismo Rías Baixas. Esta mostra monográfica ofrecerá 24 estampas de Pontevedra, sobre todo do seu casco vello, aínda que tamén hai algunha fotografía das zonas máis modernas e da ribeira do Lérez. Estará aberta ata o próximo 12 de maio.
Luis Pereiro apártase completamente da típica e tópica imaxe do verán, das terrazas cheas, do bulicio das rúas, para mostrar unha Pontevedra absolutamente monumental e histórica onde a arquitectura ten un protagonismo absoluto.
O autor pretende mostrar a beleza que teñen as pedras por si mesmas e pretende levarnos por unas rúas e prazas, moitas veces nese longo inverno pontevedrés, onde un pode contemplar a beleza dos edificios e escoitar os seus propios pasos camiñando pola Boa Vila.
Luis Pereiro, nacido en Palas de Rei (Lugo), leva 22 anos en Pontevedra como profesor do IES Luis Seoane en Monte Porreiro. ÿ coñecido no mundiño da imaxe polas súas colaboracións en prensa de fotografía deportiva, especialmente de competicións automobilísticas. Tamén fixo fotografía de concertos de rock, expoñendo con anterioridade en Pontevedra imaxes da banda de rock Los Suaves.
O autor será presentado polo pintor Antón Sobral e tamén contará nesa inauguración coa presenza dos guitarristas do grupo emerxente de rock Que desilusión! que tocarán un par de temas durante esa presentación.
A mostra pode visitarse de nove da mañá a oito da tarde de luns a venres e de dez da mañá a dúas da tarde sábados, domingos e festivos.