Vieira de honra á calidade artística para o gaiteiro Oscar Ibáñez
O sábado 3 de marzo, no Quincuaxésimo Primeiro Capítulo Xeral da Enxebre Orde da Vieira, outorgaráselle a 'Vieira de honra á calidade artística', a partir das 20.00 horas.
Ademáis será un dos 14 investidos como novos cofrades da orde. Esta distinción consiste nunha escultura dunha vieira sobre pedestal, coa súa correspondente placa e o diploma acreditativo.
Neste mesmo acto, tamén se entregarán as distincións 'Madrigallegos de Oro 2018' a Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa, Jenaro Castro Muiña, Victor Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín e a Javier Cabo Salvador.
Ademáis entregarase o trofeo 'Galeguidade no Mundo 2018', a título póstumo, a Fernando Amarelo de Castro.
Nado en Poio, Oscar Ibáñez é un artista, documentalista e investigador.
É un dos gaiteiros máis galardonados de Galicia tras ter obtido máis de 40 premios, tanto en dixitación aberta, como pechada, nos concursos de gaita galega de máis prestixio.
Partindo da música tradicional galega, realiza un traballo de fusión e mestizaxe cultural que, aqueles que gozan con este xénero musical, consideran fascinante.
As súas gravacións figuran en máis de 20 discos, entre os que destacan seus traballos en solitario 'Alén do mar' e 'Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela', quen xa fora investido como cofrade da Orde da Vieira no ano 1990.