O Club de Xubilados de Portonovo iniciará a programación teatral de Sanxenxo
Por Redacción
O grupo de Teatro do Club de Xubilados de Portonovo iniciará a programación teatral de Sanxenxo.
A programación prevista para levar a cabo no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán levará a cabo os fins de semana. E, ademais de teatro, esta programación verase complementada con actividades da Escola de Música e outras iniciativas culturais.
Paz Lago, concelleira de cultura, destaca que "á hora de programar tívose en conta a combinación de compañías profesionais e agrupacións ou compañías amateur, dando así cabida tamén, a veciños e veciñas do noso municipio".
A primeira actuación do programa será este sábado día 3 de marzo, ás 21.00 horas, coa obra A Trola de Bartola, unha comedia para todos os públicos que poñerán en escena o Club de Xubilados de Portonovo.
Tendo en conta a próxima conmemoración do Día Internacional da Muller, a concellería de servizos sociais, a través do CIM e a concellería de cultura, seleccionaron como segunda representación "As Pementeiras" de Xoré Teatro.
Seguindo a liña marcada, a terceira obra será a cargo do grupo de Teatro SuaVila, do Club de Xubilados de Sanxenxo, que, aínda que ten unha curta traxectoria no tempo, contan xa con numerosos traballos preparados.