O cantautor Javier López de Guereña, en concerto este xoves en Pontevedra
O cantante, produtor e compositor Javier López de Guereña actuará esta fin de semana en Galicia. A súa primeira parada será no Pequeño Karma de Pontevedra o xoves 1, ás 22:00 horas.
O artista bilbaíno presentará o seu primeiro disco como cantante, 'Baile de lágrimas'. Consta de 17 cancións acompañadas dun libro ilustrado. Na súa páxina web www.lopezdeguerena.com pódense escoitar as súas composicións para bandas sonoras, de jazz, música sinfónica e de cámara.
Decidiu saír ao escenario en solitario tras a morte do seu compañeiro Javier Krahe, a quen acompañou durante 30 anos coa súa guitarra, como produtor e compositor. Tamén foi produtor de Javier Ruibal, Enrique Morente e Toreros Muertos.
O venres día 2, tocará no Modus Vivendis de Santiago de Compostela ás 21:30. Tomiño será a súa última parada da xira o sábado 3 no Centro Goianés, ás 23:30 horas. A entrada aos tres concertos é gratuíta.