A profesora Lucía Novas presenta o seu poemario 'Cervatos'
Por Redacción
Os poemas de 'Cervatos' teñen un carácter fragmentario con palabras que ofrecen sensibilidade e lirismo. Este obra da poeta Lucía Novas chega ás librerías da man da colección Tambo do selo Faktoría K, de Kalandraka.
O libro ofrece unha visión do mundo urbano, nocturno e inhóspito. Ademais recolle o aire e a autenticidade da vida rural. Desta forma chega a intercalarse o popular coa vangarda. Os individuos aparecen como fráxiles cervatos que se someten ao paso do tempo.
Lucía Novas é unha escritora natural en Bueu que se licenciou en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e actualmente exerce como profesora nun instituto de Pontevedra. É gañadora dos premios Minerva, Universidade de Vigo e Faustino Rey Romero.
A presentación desta obra literaria será este mércores a partir das 20.00 horas no Espazo Nemonon, situado en Vila Pilar na rúa Riestra. A autora estará acompañada polos escritores Xesús Constenla e por Manuel Lourenzo González, ademais de polo director da colección Tambo, Luís Rei Núñez. No evento tamén participará a artista Natalia Umpiérrez.