Sidecars actuará na Sala Karma o 27 de abril
Por Alejandro Espiño
A banda madrileña Sidecars será un dos grandes atractivos da programación musical da Sala Karma para a próxima primavera. Actuarán en Pontevedra o venres 27 de abril.
Sidecars presentará en directo o seu novo disco, Cuestión de gravidad, en catro localidades galegas, entre elas Pontevedra.
Desde o seu nacemento en 2016, o traballo constante da banda foi gañando unha base de seguidores que foi crecendo e consolidándose co tempo, ata convertelos nunha das bandas de referencia de rock actualmente.
Con cinco discos no seu haber, no seu último álbum despregan o saber facer acumulado nestes anos con chiscadelas a case todos os artistas que lles influíron -de Burning e Los Ronaldos a Pereza ou Tom Petty-, con algún toque acústico e unha sensibilidade que non lles resta forza rockeira.
As entradas poderanse adquirir a partir deste xoves 22 de febreiro en ticketea.com.