Pontevedra recibe á banda tributo Imagine Beatles
Por Redacción
Pontevedra acollerá o espectáculo "The Beatles Tribute" a cargo da banda tributo Imagine Beatles.
A formación estará o vindeiro sábado 24, ás 20.30 horas, no auditorio da Sede Afundación na rúa Augusto González Besada de Pontevedra.
Este grupo ofrecerá un concerto cos mellores temas da mítica banda The Beatles cunha posta en escena que utiliza réplicas dos seus traxes e os instrumentos da época para así recrear toda a emoción e a enerxía dun auténtico concerto de John, Paul, George e Ringo.
Imagine The Beatles é un tributo á banda de Liverpool que leva ao público de viaxe musical a Abbey Road.
Os "novos Beatles" son un cuarteto tamén procedente de Liverpool, do corazón de Mersey Sound, que presentan un son fiel aos orixinais cun repertorio inclúe unha trintena dos mellores temas do lendario grupo, desde She Loves You do Cavern Club ata temas universais como Hey Jude e Lady Madonna.