A pontevedresa Marta Pazos dirixirá a gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego
Por Redacción
O 3 de marzo vai celebrarse no Palacio da Ópera da Coruña unha nova edición dos Premios Mestre Mateo, unha gala en que se conceden os galardóns aos mellores traballos audiovisuais de Galicia do último ano.
Marta Pazos, a directora teatral licenciada en Belas Artes de orixe pontevedresa, será a encargada de dirixir este evento, segundo anunciou a Academia Galega do Audiovisual. A artista é fundadora da compañía Voadora e conta cunha importante traxectoria teatral, entre as que destaca o seu último traballo co Centro Dramático Nacional para quen montou unha versión de Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare.
A gala estará conducida pola actriz e presentadora Iolanda Muíños, acompañada por voces femininas como as das actrices Paula Pier, Iria Acevedo, Iria Sobrado, Beatriz Seré, Rocío Barrio e Cris Iglesias, que se subirán ao escenario nun acto en que foron seleccionadas 338 candidaturas.
Entre elas atópanse as de outra pontevedresa, a directora Anxos Fazáns, que conta con oito candidaturas a estes premios pola película La estación violenta, de Matriuska Producciones, de Daniel Froiz.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Marta Pazos acada o María Casares á Mellor Escenografía e o arousán Josito Porto o de Mellor Actor Secundario
Por Redacción |
-
A directora pontevedresa Marta Pazos prevé estrear 'Othello' en 2021 con Voadora
Por Redacción |
-
A webserie Peter Brandon, con guión do pontevedrés Oscar Cruz, premio Mestre Mateo
Por Alejandro Espiño |
-
"A estación violenta", oito nominacións aos Premios Mestre Mateo 2018
Por Alejandro Espiño |