Viva Suecia e Rufus T. Firefly compartirán o escenario de Sala Karma o 16 de marzo
Por Alejandro Espiño
Un ano máis, a Sala Karma de Pontevedra será unha das paradas do ciclo Escenarios Mahou. Nesta ocasión farao cun concerto que compartirán Viva Suecia e Rufus T. Firefly. Ambas as bandas actuarán para o público pontevedrés o venres 16 de marzo.
Viva Suecia, unha banda murciana de indie-rock, chegará a Pontevedra pouco despois de reeditar o seu exitoso segundo disco, Otros principios fundamentales, co que se revelaron como un dos grupos de maior proxección do panorama musical nacional.
Os madrileños Rufus T. Firefly, pola súa banda, levan soando por escenarios de toda España desde 2011 e co seu último traballo, titulado Magnolia, lograron manterse como un dos referentes do rock estatal.
Baixo o lema "achegámoste a música co sabor máis grande", o concerto supoñerá unha experiencia única para o público, xa que os artistas convidados actuarán nun aforamento moi inferior ao que afán.
Entre as particularidades deste concerto, atópase a "canción do público". Os asistentes poden elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo.
Ademais, a través dunha promoción, varias persoas terán a oportunidade de gozar, antes de cada un dos concertos, dun encontro cos músicos.
As entradas para este concerto xa están á venda en www.ticketmaster.es.