O Frei Martín Sarmiento acollerá unha exposición para visibilizar ás mulleres científicas
Por Redacción
O IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra será este curso académico un dos once centros educativos de Galicia que acollerá unha exposición coas galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells. A mostra ten como obxectivo visibilizar ás mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía.
Esta exposición forma parte da programación posta en marcha pola Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas conmemora cada 11 de febreiro co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.
A Xunta quere recoñecer neste día internacional ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras e considera prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.
Anualmente, a Unidade de Muller e Ciencia da Xunta outorga o Premio María Josefa Wonenburger Planells, que leva o nome dunha investigadora e matemática galega que foi unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e unha científica adiantada ao seu tempo. Con este motivo, elaborase esta exposición coas premiadas que chegará ao IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Greta Thunberg, referencia no Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia en Pontevedra
Por Sara Iglesias |
-
A UNED achega ao seu alumnado ás mulleres científicas
Por Redacción |
-
Chamada de atención para reivindicar os dereitos da muller
Por Gabriela Varela Asorey & David Arana |
-
O decisivo papel das mulleres na ciencia
Por Redacción |
-
Mulleres científicas para axudar a concienciar sobre a igualdade aos universitarios pontevedreses
Por Redacción |