"A estación violenta", oito nominacións aos Premios Mestre Mateo 2018

Por Alejandro Espiño
Oito candidaturas logrou a película A estación violenta, dirixida pola pontevedresa Anxos Fazáns e producida por Matriuska Producciones, nos Premios Mestre Mateo 2018. Así o desvelou este mércores a Academia Galega do Audiovisual.
Nun acto celebrado na sede da SGAE de Santiago de Compostela, os actores María Mera e Monti Castiñeiras foron os encargados de dar a coñecer os candidatos para a XVI edición destes premios.
A gran favorita é a longametraxe Dhogs, que acumulou 17 nomeamentos.
A estación violenta, a adaptación dunha novela do xornalista Manuel Jabois, optará ao Mestre Mateo á mellor película. Xunto con Dhogs, pelexará polo gran premio cos filmes Os fillos do sol e Trinta lumes.
Ademais, Nerea Barros e Alberto Rolán foron nomeados como mellor actriz e mellor actor protagonista, respectivamente.
Tamén optarán a premio ao mellor guión -Ángel Santos, Xacobe Casas, Anxos Fazáns e Daniel Froiz-, á mellor dirección de fotografía -Alberte Branco-, á mellor montaxe -Diana Toucedo, Anxos Fazáns e Iria Silvosa-, ao mellor son -Xavi Souto- e á mellor dirección -Anxos Fazáns-.
MÁIS NOMEADOS PONTEVEDRESES
Esta película non será a única que represente a Pontevedra nos Premios Mestre Mateo que, este ano, entregaranse o sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, nunha gala conducida por segundo ano consecutivo pola actriz Iolanda Muíños.
Así, Castelao. De chumbo á verba, dirixido por Miguel López, é un dos nomeados ao premio ao mellor documental do ano. Competirá contra A batalla descoñecida, O tempo futuro e Vigo 1972.
Peter Brandon. Unha vida pola comedia, webserie que conta con guión de Óscar Cruz, tratará de facerse co Mestre Mateo á mellor serie web. O presentador de La transición de PontevedraViva Radio terá enfronte a Generación Wifi, Galicia Crime e As aventuras de Po.
Relacionadas:
-
'A estación violenta', producida por Matriuska, obtén unha mención especial no Festival Internacional de Cali
Por Redacción |
-
Oito cines galegos estrean a película pontevedresa "A estación violenta"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
'A estación violenta', filme inspirado na novela de Jabois, abrirá o festival de Cans
Por Clara Alonso |
-
A webserie Peter Brandon, con guión do pontevedrés Oscar Cruz, premio Mestre Mateo
Por Alejandro Espiño |
-
A pontevedresa Marta Pazos dirixirá a gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego
Por Redacción |
-
O Festival de Cinema de Sevilla acollerá a premiere de "A estación violenta" da directora pontevedresa Anxos Fazáns
Por Redacción |
-
RADIO.- Óscar Cruz, creatividade pontevedresa premiada nos Mestre Mateo
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Búscase a Jabois para un cameo en "A estación violenta"
Por Marisa Ciordia |