Óscar Ibáñez García non tiña tradición de músicos na súa familia, pero si unha gardería, a de Saíñas en Poio, onde el e as súas outros dous irmáns iniciáronse na música e baile tradicional. Aos oito anos comezou a tocar a gaita e a día hoxe conseguiu facerse un oco entre os recoñecidos gaiteiros galegos.
Celme levouno a seguir puíndose, ademais de viaxar e coñecer a un bo número de persoas, da súa xeración e algo máis talluditos cos que viviu experiencias de adolescencia e mocidade.
Aínda que musicalmente conta con formación regrada, profundando no dominio da gaita recoñécese como autodidactaou "feito a si mesmo". Un libro pode cambiar unha vida. É posible que a de Óscar Ibáñez xa estivese moi encamiñada, pero desde logo foi un libro o que lle conduciu cara á investigación e por tanto cara á súa outra profesión.
Durante esta Playlist de PontevedraViva Radio, nomea intérpretes do que chama "o boom do folk" en Galicia, pero tamén aos mestres dos que foi bebendo como Ricardo Portela, que o leva estes meses polos escenarios da provincia.