A Sociedade Filarmónica de Pontevedra é unha das escasas entidades deste tipo que aínda perviven en cidades españolas. Fundada en febreiro de 1921 conta actualmente cuns trescentos socios, en moi escasísimo número persoas novas.
O motivo da pouca afinidade e aproximación da música clásica á poboación de menos idade expono Gonzalo Martínez Lourido, presidente da sociedade, no Cara a cara de PontevedraViva Radio.
Na charla que mantemos con el facemos un pouco de historia preguntando como e quen fundaron aSociedade Filarmónica e con que obxectivos.
Percorremos as diferentes sedes que tivo e as perdas materiais que a Filarmónica tamén repercutiu co incendio do antigo Teatro Principal. Neste renovado teatro continúa estando a súa oficina, onde ademais consérvase o piano dos socios fundadores adquiriran nos anos 20.
Igualmente facemos referencia a persoas que tiveron e seguen tendo un nome propio na entidade, como o dun dos seus presidentes de honra, José Luis Fernández Sieira, que en palabras de Gonzalo Martínez "foi o modernizador da sociedade". E falando de modernizar, a súa imaxe na internet, será renovada para a próxima tempada.
Musicalmente, o próximo evento ten data para o 27 de febreiro con The Brahms Project, que recala en Pontevedra na súa xira europea.