Todos cantan e bailan con Rubicundo
Por Diego Torrado
A compañía de Teatro dos Ghazafelhos representou este domingo dentro do ciclo Domingos do Principal a obra "Rubicundo". Trátase dun espectáculo baseado no conto do mesmo título de María Canosa, finalista no premio da XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014.
As familias que encheron o Principal aplaudiron esta montaxe na que tres personaxes interactuaron con diferentes obxectos, cantaron e bailaron.
"Rubicundo" foi unha mestura de xéneros como acrobacia, claqué e música que sorprendeu ao público.
A obra conta a historia de Rubicundo que todas as noites sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e chapeu de copa. Ninguén, agás Erea.
Rubicundo conta unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abrindo a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias.
Relacionadas:
-
Este domingo pasámolo no "faiado"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Domingos do Principal revolve conciencias con "Me llamo Suleimán"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Un concerto singular para os máis cativos
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Acrobacias e música en directo nunha nova xornada de Domingos do Principal
Por Redacción |
-
27 actuacións da Rede Galega de Teatros e Auditorios chegarán este semestre a Pontevedra
Por Redacción |
-
O conto Rubicundo, de María Canosa, cobra vida nos Domingos do Principal
Por Redacción |
-
O clown Jean Philippe Kikolas estrea con éxito o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Marcel Gross e Claire Ducreux caen de Domingos do Principal por motivos de saúde
Por Redacción |