O gaiteiro ÿscar Ibáñez edita Alén do Mar
Por Anxo Lourido
ÿscar Ibáñez leu o poema O fillo de Celt de Ramón Cabanillas no que o autor relaciona a ascendencia celta galega coa tese do Colón galego. Aquí está a semente dun disco, pensou. E deste xeito nace Alén do mar, un álbum que recolle músicas de ida e volta entre o vello e o novo mundo, a temática do atlantismo e unha selección de melodías dalgúns dos referentes musicais máis importantes de Pontevedra e de Galicia como Perfecto Feijóo, Manuel Villanueva e Antonio Taboada Nieto. Pero as referencias pontevedresas non rematan aí. O pirata da Moureira é toda unha homenaxe ao último dos piratas, o coñecido Benito Soto.
O gaiteiro pontevedrés, mestre en Educación Musical pola Universidade de Vigo e especialista en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago, asegura que este traballo é produto das influencias musicais que recolleu nas súas viaxes por Europa e América nos últimos 20 anos. As primeiras viaxes foron coa Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra en numerosos festivais internacionais de folclore. Alí entrou en contacto con gaiteiros asturianos, bretóns, escoceses, irlandeses e búlgaros. Anos despois, a súa orientación foi cara América onde impartiu cursos de gaita galega nos centros galegos de máis de 10 países daquel continente.
Todas esas orientacións musicais aparecen nestes once temas que dan forma a Alén do mar, un traballo moi ben arranxado que se sitúa a medio camiño entre a investigación e a creación cun son ecléctico e novo.