Os "salvavidas de hielo" de Jorge Drexler "flotan" con elegancia por Pontevedra
Con Movimiento, o tema que abre Salvavidas de hielo -o seu décimo terceiro disco de estudo- comezaba onte á noite un dos concertos máis esperados polo público pontevedrés, o de Jorge Drexler. Un Pazo da Cultura completamente cheo gozou da música do artista uruguaio, que chegaba a Pontevedra tras un exitoso concerto en Ferrol.
"Les quiero agradecer. Hace semanas que agotaron las entradas. Yo no sé en qué estaban pensando", sinalou Drexler ao público ao pouco de comezar o concerto.
Agradeceu especialmente a todos aqueles que compraron a súa localidade antes de editarse mesmo o disco que viña presentar en directo. "Ha sido como una cita a ciegas", bromeou.
Durante o concerto, soaron principalmente os temas dos seus últimos traballos -Salvavidas de hielo e Bailar en la cueva-, pero tamén houbo tempo para facer un repaso aos grandes éxitos da súa carreira. Quedou fóra, iso si, Al otro lado del río -canción coa que gañou o Óscar-.
Foron case dúas horas e media de actuación na que, como prometera nun encontro con fans horas atrás, acabou mesmo bailando co público, con quen compartiu momentos de gran intimidade. O broche púxoo o tema Quimera, unha das cancións do seu último disco.
O concerto de Jorge Drexler, co que daba comezo o ciclo Voices do Pazo da Cultura, contou coa artista pontevedresa Cora Sayers como teloneira.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Un venres de 'Sortilegios' con Cora Velasco
Por Marisa Ciordia |
-
O novo álbum de Morcheeba, 'Blaze Away', eixo do concerto da banda británica no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
O concerto de Jane Birkin en Pontevedra será unha homenaxe a Serge Gainsbourg
Por Alejandro Espiño |
-
Morcheeba pechará o ciclo Voices en Pontevedra o 23 de novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Jorge Drexler comparte café e vermú co público de Pontevedra antes do seu concerto
Por Redacción & Beatriz Ciscar |
-
Jorge Drexler e Jane Birkin actuarán no Pazo da Cultura dentro do ciclo Voices
Por Anxo Lourido |