O gospel máis xenuíno de Alabama, no auditorio de Afundación
Por Redacción
O Alabama Gospel Choir traerá a Pontevedra o seu espectáculo musical o vindeiro sábado 13 de xaneiro.
Grandes voces da música negra norteamericana cunha vintena de artistas sobre o escenario que tentarán encandear ao público pontevedrés no auditorio de Afundación, a partir das 20:30 horas.
O espectáculo propón un percorrido intenso desde os temas espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade, segundo recolle a súa carta de presentación.
Unha mestura de vitalidade e espiritualidade aderezada con ritmos do funk e blues para tentar plasmar a historia do gospel.
As entradas para ver en directo o Alabama Gospel Choir teñen un prezo de 23 euros + gastos e poden adquirirse en Ataquilla.com.