Os traxes galegos máis vistosos, no Casino Mercantil
Por Redacción
A Asociación Etnográfica Sete Espadelas organiza unha exposición de traxes tradicionais na sede do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra situada en Curros Enríquez. Pódese visitar desde este xoves 4 ao 14 de xaneiro.
Nesta mostra ofrécese a oportunidade de ver once traxes, reproducións exactas de seis cadros de artistas como Álvarez de Sotomayor, Ferros, Castelao ou Carlos Sobrino, que se atopan no Museo de Pontevedra. Trátase de obras pintadas no século XIX e principios do XX, nas que se reflicte o uso do vestiario tradicional, tanto en traxes de garda como domingueros ou "decotío".
Nesta exposición recupérase a esencia da indumentaria tradicional, reproducindo cada detalle dos pintores usando tecidos artesanais e tinguidos, combinados con pezas antigas.
A exposición inaugúrase este xoves 4 cunha conferencia e unha visita guiada por parte dos comisarios da mostra, José Luis Rodríguez e David Quiñones, integrantes de Sete Espadelas, un colectivo que se encarga da recuperación de patróns antigos utilizando mostras e documentos gráficos, ademais de informacións recollidas das persoas con máis idade.
Os representantes desta agrupación suman máis de doce primeiros premios no Día do Enxalzamento do traxe galego en Santiago, así como sete premios Antón Fraguas sobre a investigación do traxe tradicional, que convoca o Concello de Santiago.
Relacionadas:
-
Sete Espadelas, a grande triunfadora no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego
Por Oskar Viéitez |
-
Davide Salvado e a asociación Sete Espadelas presumen de tradición no Serán'01 do Gaiás
Por Redacción |
-
David Quiñones, de novo Premio de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego
Por Anxo Lourido |
-
Casto Sampedro 'revive' por un día en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ollar e desfrutar ollando traxes tradicionais
Por Redacción |
-
O liño e o seu papel na indumentaria tradicional
Por Redacción |
-
O traxe tradicional galego loce na pasarela da Deputación Provincial
Por Diego Torrado |