Piden que o Sexto Edificio do Museo reciba o nome de Manuel Moldes
Por Alejandro Espiño
Que vos parece que o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra leve o nome do pintor Manuel Moldes? É o obxectivo dunha iniciativa que que se puxo en marcha a través da plataforma Change.org. Con ela, preténdese homenaxear a un dos artistas máis destacados da arte contemporáneo galego, recentemente falecido.
A petición, que iniciou a asociación socioeducativa e cultural Dinamo, conta co apoio da familia do pintor pontevedrés.
Na explicación de motivos que acompaña a esta recollida de firmas, os impulsores destacan que Manuel Moldes deixou unha profunda pegada a través das súas obras e das persoas que compartiron a vida con el.
Lembran que Moldes, fundador do Grupo Atlántica, era un artista pontevedrés de impacto internacional, xeneroso na súa achega artística e persoal e icona da década dourada da cultura galega, os anos 80.
A súa última exposición no Museo de Pontevedra, engaden, foi a mellor demostración de que era un dos grandes artistas galegos e logrou exportar o seu expresionismo a todo o mundo.
"Por ser unha figura capital e un referente da vida cultural e artística da cidade de Pontevedra, cremos de xustiza que o edificio que viu por última vez as súas obras e compartiu coa cidade o seu legado, leve con orgullo o seu nome", reza a petición.
Relacionadas:
-
Homenaxe póstuma a Manuel Moldes no Museo co catálogo da súa última exposición
Por Redacción |
-
O centro penal da Lama homenaxea ao pintor pontevedrés Manolo Moldes
Por Redacción |
-
O Teatro Principal énchese para despedir a Manolo Moldes
Por Redacción |
-
O adeus que pediu Manolo Moldes: estudantes elaboran un sudario entre sorrisos e cervexas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Acto civil no Teatro Principal para despedir un "referente indiscutible" da vida cultural de Galicia
Por Natalia Puga |
-
Loito na cultura pontevedresa: falece o pintor Manuel Moldes
Por Natalia Puga |