José Corbacho estrenará o seu novo espectáculo "Corbacho 3G" no Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
José Corbacho, un dos artistas máis recoñecidos neste país, grazas especialmente ao seu traballo en cine (Tapas, Cobardes) e televisión (Homozapping, Buenafuente, Tú sí que vales), estrea novo espectáculo teatral. Trátase de Corbacho 3G, no que utiliza como escusa as novas tecnoloxías para falar, ou mellor dito para rirse, de todo un pouco. E con el chega a Pontevedra. Será o próximo 4 de maio ás 21.00 horas no Pazo da Cultura.
Corbacho 3G é un "one man show" en toda regra. Un espectáculo de humor no que o cómico catalán rise dos homes, das mulleres (e viceversa), da parella, os fillos, Internet, as redes sociais, a política, o fútbol, a relixión, a televisión, o cine, o teatro, as videoconsolas, os cans, os gatos, a monarquía, os Reis, Papa Noel, as princesas, os xenros... Como se adoita dicir, "que non quede títere con cabeza".
José Corbacho empezou estudando Ciencias da Información aínda que a súa verdadeira vocación foi o mundo do espectáculo. Iniciou a súa carreira artística da man do do grupo teatral La Cubana e desde 2000 forma parte da productora El Terrat, coa que debutó dirixindo e actuando no programa La última noche de Telecinco. Tras colaborar como actor nos programas de Andreu Buenafuente en TV3 La cosa nostra e Una altra cosa, deu o salto a nivel nacional en 2006 co programa de parodias televisivas Homozapping, onde descubriría a actores como Paco León, Yolanda Ramos ou Silvia Abril, entre outros.
En 2005 debutou como director de cine xunto ao seu amigo e colega Juan Cruz, rodando a película Tapas, recoñecida con dous Goyas, entre moitos outros premios. Anos máis tarde repetiría como director con Cobardes. Director de dúas cerimonias de entrega dos premios Goya e da serie de TVE Pelotas, debutó nos escenarios co espectáculo Terrat Pack, xunto a Andreu Buenafuente, Berto Romero, Jordi ÿvole e Ana Morgade.
En 2012 volvemos velo na pequena pantalla, nos programas Palomitas, Cabaret Olé y Todo el mundo es bueno, todos eles de Telecinco. Este ano debutou como productor cinematográfico coa película Somos gente honrada e forma parte do xurado do talent-show ?Ti si que vales? (Telecinco).
As entradas para asistir a este espectáculo teñen un prezo de 25 euros e pódense adquirir xa a través de www.servinova.com.