A Moureira recupera a súa memoria
Por Redacción & Mónica Patxot
Un percorrido polo barrio da Moureira. É o que propón no seu novo libro o escritor pontevedrés José Benito García, colaborador de PontevedraViva, que presentou este venres a obra Donde la salmuera (La Moureira y sus gentes).
Numerosas persoas arrouparon ao autor nun acto que se celebrou no Salón Boiserie do espazo multidisciplinar creativo Nemonon, situado na primeira planta de Vila Pilar.
José Benito García percorre todo o barrio e explica aos lectores cada escenario de interese que se atopa ou que, anos atrás, atopábase neste espazo tan emblemático da cidade.
O relato completouse grazas ás conversacións que mantivo con persoas de avanzada idade e que lle proporcionaron historias e recordos desta contorna.
Así, repasa os seus inicios como asentamento ata o seu desenvolvemento como impulsor económico da cidade e, co paso dos anos, o seu declive e esquecemento. Pero sobre todo, destácanse as historias, os recordos, anécdotas e lendas dos veciños da Moureira, con vivencias que non se contaron ata agora.