'A canción do elefante' pecha o ciclo Ponteatro 2017 cun notable éxito de público
Por Mónica Patxot
O Teatro Principal de Pontevedra volveu rexistrar este xoves unha magnífica entrada na última sesión do ciclo Ponteatro que mostrou durante os últimos meses algúns das mellores montaxes das compañías galegas.
Nesta ocasión, os incombustibles e televisivos intérpretes Ernesto Chao e Patricia Vázquez, acompañados por Guillermo Carbajo, presentaban 'A canción do elefante', un thriller psicolóxico no que un paciente e o seu doutor establecen un xogo dialéctico para tentar obter pistas sobre a desaparición doutro médico psiquiatra.
A obra da compañía Redrum Teatro está dirixida por Álex Sampayo e baseada no texto orixinal ' The elephant song', de Nicolas Billon. Esta montaxe mantén o suspense ao estilo das novelas de misterio, provocando tensión entre os espectadores ante a historia dun paciente obsesionado cos elefantes.
Relacionadas:
-
'Noites de Estrelas' chega a Pontevedra tras esgotar entradas na Coruña
Por Redacción |
-
Humor e moita reflexión social en Ponteatro coa obra "Nacidas libres"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Tres espectáculos de Ponteatro esgotaron todas as entradas á venda
Por Redacción |
-
Ponteatro descobre a historia de 'A noiva de Don Quixote'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A historia do primeiro matrimonio lésbico en Galicia pon en pé ao público do Principal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Valle-Inclán tamén ten o seu sitio en Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot |