Os mellores sketches de Yllana no auditorio de Vilagarcía
Por Redacción
O sábado toca velada teatral no Auditorio de Vilagarcía a través da programación da rede galega de teatros e auditorios que financia o Concello e Agadic. A compañía Yllana será a encargada de subir ao escenario cun espectáculo desternillante montado para unha ocasión moi especial: celebrar os seus 25 anos de historia. A función comezará ás 21:00 horas.
Baixo o título de "Lo Mejor de Yllana", a compañía madrileña presenta unha selección dos mellores sketches dos seus 25 anos de historia. Trátase dun desternillante show, recomendado para maiores de 14 anos, que fará realidade o desexo dos fans de Yllana de disfrutar nun mesmo espectáculo dos gags máis divertidos da compañía neste cuarto de século.
Os intérpretes de "Lo Mejor de Illana" son Fidel Fernández, Juan Amos Toro, Luis Cao, Juanfran Dorado y Jony Elías.
A COMPAÑÍA
Yllana é creatividade. Nace en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que na actualidade, ten diversificado a súa actividade, ofrecendo distintas prestacións no mundo das artes escénicas e no audiovisual. Por unha banda adícase á creación, produción e distribución de espectáculos, eventos e formatos audiovisuais e por outra xestiona espazos teatrais e desenvolve diferentes proxectos no ámbito cultural.
Nestes 25 anos, Yllana ten producido vinte e sete espectáculos teatrais e obtivo numerosos premios.