A voz de Luis Emilio Batallán solidarizouse coa asociación Juan XXIII
Por Diego Torrado
O cantante Luís Emilio Batallán ofreceu unha colección dos seus mellores temas no recital que se desenvolveu durante a noite deste xoves no Teatro Principal de Pontevedra.
O concerto tiña fins solidarios con venda de entradas a prezos de 10 e de 15 euros. A recadación vai destinada a apoiar as actividades da asociación Juan XXIII, que presta atención a persoas con discapacidade intelectual.
Un coro formado por usuarios dos centros da asociación participaron na actuación de Batallán cantando temas do cantante. Numeroso público asistiu a esta gala.